Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investíronse case 130.000 euros nas obras de construción desta nova senda

- O proxecto completarase coa instalación dunha pasarela de madeira sobre o río Valga, que xa está contratada

SendaCarb1

Valga, 25 de maio de 2023.

Os peóns e ciclistas xa dispoñen dunha senda segura para desprazarse entre a zona do Carballiño e Pontevalga. As obras de construción desta ruta para a circulación a pé ou con vehículos ciclables están xa rematadas e nelas investíronse 128.771 euros do Plan Concellos.

Con esta actuación continúanse mellorando e ampliando as infraestruturas de comunicación no municipio, ao tempo que se fomenta a mobilidade alternativa e activa. A senda, que parte dende a rúa Doutor de Oya Salgueiro, nas inmediacións da Casa Consistorial, ten unha lonxitude aproximada de 900 metros e discorre en paralelo á estrada existente. O seu ancho é de duns dous metros e o pavimento de xabre.

Con esta novo sendeiro habilítase unha opción segura para os desprazamentos o Carballiño e o núcleo de Valga, fomentar a mobilidade amable co obxectivo de evitar o uso de vehículos a motor.

Este proxecto completarase proximamente coa instalación dunha pasarela sobre o río Valga, unha obra que xa está contratada e na que se investirán outros 48.261 euros. Esta pasarela construirase en madeira e permitirá salvar a canle fluvial, cun ancho de dous metros e sen afectar á capacidade hidráulica actual do río. A actuación conta con autorización de Augas de Galicia.

A mobilidade alternativa é unha aposta do goberno municipal de Valga que, xunto con este proxecto, acaba de executar tamén outros dous quilómetros de sendas peonís e ciclables na contorna da mina Porto Piñeiro. Ademais, tamén se construíu nos últimos meses a senda que enlaza a estrada PO-548 coa contorna do colexio Ferro Couselo, o pavillón de Beiro e a Igrexa parroquial de Santa Comba, na parroquia de Cordeiro.

SendaCarb2 SendaCarb3

Volver