- O Concello cedeu á Consellería de Medio Rural unha parcela de 3.065 metros cadrados para executar o proxecto
- As instalacións darán cabida a persoal e medios do dispositivo de loita contra os lumes
Valga, 17 de maio de 2023.
Valga será sede dunha base de prevención e extinción de incendios forestais da Consellería do Medio Rural. Os terreos do vello campo de fútbol de Baño serán o lugar no que se empraza esta Base de Unidade Operativa (BUO), para o que o Concello xa cedeu á Xunta de Galicia 3.065 metros cadrados.
Estas instalacións servirán para acoller e persoal e medios do dispositivo de loita contra os incendios outros servizos relacionados co sector do monte, e terá unha vocación supramunicipal. Funcionará como un nodo no que confluirán todos os actores implicados nas tarefas de protección forestal, co obxectivo de favorecer a prevención, a detección, intervención rápida e defensa contra os lumes que poidan afectar aos montes valgueses e de localidades próximas.
A edificación adaptarase á contorna e desenvolverana empresas e universidades galegas. Será executada en madeiras locais de piñeiro e castiñeiro, demostrando o potencial da industria forestal galega na procura da sostibilidade.