Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na Casa Consistorial inaugurarase unha exposición sobre a figura da valguesa máis internacional

- O actos terán lugar o vindeiro martes, 10 de abril, pola mañá

botero

Valga, 5 de abril de 2018.

O vindeiro martes, 10 de abril, cúmprese o 53 aniversario do falecemento da Bella Otero e o Concello non quere pasar por alto esta data nun ano no que, ademais, se está a conmemorar o 150 aniversario do nacemento da valguesa máis internacional.

Deste xeito, a Concellería de Cultura ten organizados varios actos para lembrar á estrela do Folies Bergère parisino. Ás 12 da mañá inaugurarase na planta baixa da Casa Consistorial a exposición “Unha figura pola que non pasa o tempo”, que poderá verse ata finais de abril.

A continuación, os actos trasládanse ao Parque Irmáns Dios Mosquera onde o alcalde, José María Bello Maneiro, en representación do goberno local e de todos os veciños de Valga, realizará unha ofrenda floral ante a estatua da diva da Belle Époque. As flores empregadas serán camelias da variedade Bella Otero.

Bella

Volver