Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, asistiron á actividade en representación do Concello

- Lembrouse á figura de Francisco Fernández del Riego coa lectura de textos e actuacións musicais

Carreira23 1

Valga, 16 de maio de 2023.

Máis de 300 alumnos do IES de Valga, do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza e do CEP Xesús Ferro Couselo participaron esta mañá nos actos da Carreira pola Lingua, conmemorativa do Día das Letras Galegas e nos que literatura, música, deporte e cultura, en xeral, foron da man.

A actividade contou coa participación do alcalde, José María Bello Maneiro, e da concelleira de Educación, Carmen Gómez, en representación do Concello. O rexedor, que animou a todo o alumnado a “celebrar a nosa lingua”,  lembrou ao autor homenaxeado pola Real Academia neste 2023, Francisco Fernández del Riego, do que dixo “tiven a honra de acompañalo cando, en 1996, se celebrou en Valga o acto central do Día das Letras en memoria dun ilustre persoeiro do noso concello: Xesús Ferro Couselo”.

No transcurso dos actos púxose en valor a traxectoria vital e literaria de Fernández del Riego con distintas intervencións e actuacións a cargo do alumnado. Un grupo de estudantes do CEP Ferro Couselo deu lectura a uns versos do autor de Lorenzana (Lugo) e rapaces de 6º do CEIP Baño-Xanza puxeron letra ao tema tradicional “Rumba de Carcacía”. Por parte do IES, alumnos que forman parte da Banda de Música ofreceron un pequeno concerto no que interpretaron o pasodobre “Doiro”, “Muiñeira dos Pendellos” e os himnos de Valga e de Galicia.

A continuación deuse saída á carreira, na que participaron uns 200 estudantes de ESO e 1º de Bacharelato do IES, un cento de alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio de Baño e 32 rapaces do CEP Ferro Couselo. Os corredores tomaron a saída ás portas do instituto e realizaron un percorrido de seis quilómetros que os levou polo Carballiño, Sixto, Senín, Outeiro, estrada da Bouza, Avenida Bella Otero e regreso ao IES, onde se entregaron as medallas aos gañadores nas diferentes modalidades.

Os gañadores foron:

Categoría feminina de Educación Primaria:

  1. Carmen Castroagudín do CEIP de Baño
  2. Martina Muíño do CEIP de Baño
  3. Laura Martínez do CEP X. Ferro Couselo

Categoría masculina de Educación Primaria:

  1. Hugo Furelos do CEP X. Ferro Couselo
  2. Martín Senín do CEP X. Ferro Couselo
  3. Raúl Rodríguez do CEIP de Baño

Categoría feminina de 1º a 3º ESO:

  1. Lía Rodríguez de 3º ESO
  2. Olivia Muíño de 2º ESO
  3. Yaiza Tarrío de 2º ESO

Categoría masculina de 1º a 3º ESO:

  1. Lucas Castroagudín de 1º ESO
  2. Adrián Sánchez de 1º ESO
  3. Alberto Boquete 2º ESO

Categoría feminina de 4º ESO e Bacharelato:

  1. Marta Castroagudón de 2º Bacharelato
  2. María Rodríguez 1º Bacharelato
  3. Leire Lorenzo 4º ESO

Categoría masculina de 4º ESO e Bacharelato:

  1. Pablo Castromán 4º ESO
  2. Samuel González 4º ESO
  3. Martín Rodríguez 4º ESO

Categoría feminina de profesorado:

  1. Elena Jabois
  2. Laura Souto
  3. Sara González

Categoría masculina de  profesorado:

  1. Fran Godón
  2. Víctor González
  3. Luciano Rodríguez

Para pechar as actividades impartiuse un obradoiro de baile tradicional galego.

Carreira23 2 Carreira23 3

Carreira23 4 Carreira23 5 

Volver