- O certame, que naceu en 2020 en pleno confinamento, contou este ano con trinta participantes de Valga, Ordes, Pontevedra, Vigo, Ponteceso ou Vilaboa
- O CRA de Valga contou coa colaboración do Concello na súa organización
Valga, 12 de maio de 2022.
A gran final de Eurovisión celebrouse este ano en Valga, no Auditorio Municipal, e xa ten gañadores. O Festivalga 2023, organizado polo CRA e que emula ao festival da canción europeo, converteu esta mañá o Auditorio nunha celebración por todo o alto na que se deron cita estudantes, familias, usuarios do CODI e do Centro de Día con gañas de pasalo ben e gozar e bailar coas imitacións e actuacións de temas participantes en Eurovisión, Eurojunior ou nos certames de preselección.
Se o éxito dunha canción se mide polo número de imitacións, a gañadora absoluta está clara: María Isabel co seu “Antes muerta que sencilla”, co que se proclamou campioa en Eurojunior 2004. Sergio Dalma, Masiel, Chikilicuatre ou Azúcar Moreno son outros dos artistas cuxas actuacións eurovisivas se resisten na memoria popular.
Durante a gala, presentada por Adrián Baloira e Antía Piñeiro, director e secretaria do CRA de Valga, proxectáronse as trinta actuacións participantes nesta cuarta edición do Festivalga. Alumnado, profesorado e comunidade educativa do CRA e doutros centros de Valga coma o colexio Ferro Couselo ou a Escola Infantil Municipal, familias, representantes doutros CRAs de Galicia... a participación foi do máis heteroxénea e de tamén moi diversas: Ordes, Pontevedra, Ponteceso, Vigo ou Vilaboa, por citar algunhas das localidades.
Durante o certame houbo actuacións en directo a cargo das escolas rurais que integran o CRA. Os nenos de Campaña interpretaron “Chachi piruli” (Diego Domíngez, Eurojunior 2023); os de Chenlo elixiron “Terra” (Tanxugueiras, Benidorm Fest 2022); e os Ferreirós cantaron e bailaron con “Cha, cha, cha”, coa que Finlandia participa este ano en Eurovisión. Os rapaces do Forno tamén subiron ao escenario para escenificar “Nochentera” (Vicco, Beniform Fest 2023); o alumnado de Ferreirós imitou a Alessandra Mele coa canción “Queen of Kings”, coa que Noruega compite mañá en Liverpool; e, por último, os nenos de Xanza remontáronse ata 1961 para revivir o “Estando contigo” de Conchita Bautista.
Os gañadores nas diferentes categorías foron:
Infantil Individual:
• Antía Mosteiro: “Antes muerta que sencilla” (María Isabel, Eurojunior 2004)
• Zeltia Romero: “La, la, la” (Massiel, Eurovisión 1968)
• Antía Ares: “Antes muerta que sencilla” (María Isabel, Eurojunior 2004)
• Noel Jamardo: “Baila el Chiki Chiki” (Rodolfo Chikilicuatre, Eurovisión 2008)
Infantil Grupal:
• Escola de Pazos do CRA Nosa Señora do Faro: “Musica leggerisima” (Festival de Sanremo 2021)
• CEIP Mesón do Vento: “Terra” (Tanxugueiras, Benidorm Fest 2022)
• CIP do Toural: “Eres tú” (Mocedades, Eurovisión 1973)
• Ainoa, Uxía e Laura do CEP Ferro Couselo: “Brujería” (Son de Sol, Eurovisión 2005)
Persoas Adultas:
• Raquel e Cris: “Mueve el ombligo” (Mª Jesús e Irune, Eurojunior 2003)
• Profesorado do CEP Ferro Couselo: “Europe’s living a celebration” (Rosa López, Eurovisión 2002)
• Escola Infantil Municipal de Valga: “Nochentera” (Vicco, Benidorm Fest 2023)
• CRA de Vilaboa: “Antes muerta que sencilla” (María Isabel, Eurojunior 2004)
Familias:
• Álex García e familia: “Bailar Pegados” (Sergio Dalma, Eurovisión 1991)
• Gael Otero e familia: “Que me quiten lo bailao” (Lucía Pérez, Eurovisión 2011)
• Breixo, Hugo Rodríguez e familias: “Bandido” (Azúcar Moreno, Eurovisión 1990)
• Martiño e familia: Bailar Pegados” (Sergio Dalma, Eurovisión 1991)
Ademais, tamén recibiron premio as seis escolas do CRA coas imitacións que interpretaron en directo, e recibiron un recoñecemento ao traballo o profesorado do CRA e os usuarios do CODI.
Os concelleiros de Educación e de Cultura e Xuventude, Carmen Gómez e Pedro Calvo, representaron ao Concello no festival e destacaron o“gran traballo” que está a desenvolver a comunidade educativa do CRA, conseguindo que as escolas rurais valguesas se convirtan en modelo para o resto de Galicia. “O CRA de Valga é o mellor e así o demostra o feito de que moitas familias doutras localidades o elixan para educar aos seus fillos”.
A gala contou cun punto e final apoteósico, co profesorado do CRA interpretando a Lordi (gañadores de Eurovisión 2006 representando a Finlandia) e o seu tema “Hard Rock Hallelujah” cunha caracterización impresionante.