- As obras xa foron contratadas á empresa Rigiral S.L. por un importe de 48.339’51 euros
- Os novos equipamentos favorecerán a práctica deportiva e de exercicio físico ao aire libre
Valga, 9 de maio de 2023.
O Concello continúa ampliando as zonas lúdicas e deportivas na contorna da Mina Mercedes, unha das principais áreas de ocio e esparexemento do municipio. O parque infantil e o circuíto biosaludable existentes actualmente complementaranse proximamente con novo equipamento para a práctica de calistenia e de skate.
As obras acaban de ser contratadas á empresa Rigiral S.L. por un importe de 48.339’51 euros, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
O proxecto inclúe o acondicionamento dos terreos mediante desbroces, despexe da vexetación e nivelación do piso. Para a pista de skate, prepararase unha base de formigón armado de 20 centímetros de espesor, sobre a que se instalará unha rampla de catro metros de ancho por un de alto e radio de curva de 2’13 metros. Ademais, contará cunha parte central cunha lonxitude de 2’42 metros.
O parque de calistenia terá unha base composta por táboas de madeira de pino tratada para intemperie e rechea de area de sílice. En canto ao equipamento, incluíra un cuadrilátero de barras, banco abdominal, barras progresivas, barras paralelas e un conxunto formado por barra libre, poldro de aneis, escaleira horizontal e espaleira.