Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investiranse nos traballos, que inclúen nova pavimentación, máis de 96.000 euros

- Nalgúns casos tamén se ensanchará a plataforma dos viais municipais

Asfaltados1

Valga, 3 de maio de 2023.

O Concello vén de sacar a licitación obras de acondicionamento en varios camiños e estradas municipais das parroquias de Cordeiro, Xanza e Setecoros que, debido ao uso ou ás inclemencias meteorolóxicas, se atopan en malas condicións para a circulación. De aí que o goberno municipal proxecte a súa reparación e adecuación para mellorar a seguridade viaria e ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns.

As actuacións levaranse a cabo nos lugares de A Medela, Casal de Eirigo, Forno, Laxes e Vilar. Neste último lugar, serán tres as vías que se acondicionarán.

Os traballos que se levarán a cabo inclúen a limpeza de marxes e apertura de cunetas, a pavimentación con mestura bituminosa en quente e o realce ata a cota do pavimento das tapas de rexistro. Nas estradas da Medela e Casal de Eirigo inclúese, ademais, o sobreancho de senllos tramos. En total investiranse 96.384’47 euros.

Volver