Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Mina Mercedes e as fervenzas de Parafita e Raxoi foron algúns dos enclaves aos que se achegaron un maior número de turistas

- Excursionistas de Vigo, A Coruña, Santiago e Ferrol aproveitaron esta longa fin de semana para coñecer o noso concello

VisitaMinaMercedes1

Valga, 2 de maio de 2023.

Esta ponte de maio, con temperaturas agradables e xornadas por momentos solleiras, foi propicia para viaxar e Valga non quedou ao marxe da actividade turística, converténdose en punto de destino de familias e grupos que aproveitaron a fin de semana e a xornada festiva de onte para facer plans, moitos de forma organizada a través de axencias de viaxes.

Foi o caso de dúas excursións que entre o sábado e onte luns fixeron parada en Valga para gozar dalgúns dos principais recursos turísticos. Os espazos e entornos naturais son un dos grandes reclamos cos que conta o municipio, espertando un grande interese entre os viaxeiros.

E como exemplo, os 50 membros da asociación San Miguel de Oia (Vigo), que a pasada semana se puxeron en contacto co Concello solicitando información sobre lugares de interese natural que puideran visitar. O sábado desprazáronse a Valga facendo primeiro unha parada na Mina Mercedes, onde gozaron coa paisaxe desta lagoa formada de xeito natural nunha antiga mina de extracción de arxila. Percorreron toda a ruta que a bordea e, a continuación, puxeron rumbo ao Auditorio, onde almorzaron. A súa estadía en Valga completouse cunha visita ás fervenzas e aos muíños de Parafita e Raxoi, unha zona de gran beleza na que a auga e o bosque de ribeira comparten protagonismo.

Esta paraxe atrae durante todo o ano a numerosos visitantes, tal é así que o onte luns recibiu a outro grupo de 47 persoas procedentes das zonas de Ferrol, A Coruña e Santiago que, organizados a través dunha axencia, elixiron Valga como un dos lugares nos que facer parada no seu camiño cara a Festa dos Maios de Marín. O lugar elixido foi, tamén, o entorno das fervenzas, onde puideron percorrer as pasarelas de madeira que comunican o salto de auga de Parafita e o de Raxoi, seguindo a canle do río Valga.

VisitaFervenzas1 VisitaFervenzas2

VisitaFervenzas3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver