Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Gafas de realidade virtual, drons e unha impresora 3D son algúns dos materiais que estrea o centro, situado no Auditorio

- Os equipos recibíronse a través da Amtega e do Plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT de Galicia

materialCemit

Valga, 25 de abril de 2023.

A Aula CeMIT conta con novos equipos de última tecnoloxía, recibidos recentemente a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, entidade adscrita á Presidencia da Xunta. Unha impresora 3D (cun pequeno kit de consumibles con dúas bobinas de cable), material de robótica composto por seis robots educativos e seis kits de construción, cinco drons, dúas unidades de gafas de realidade virtual e dous controladores e un kit de placas de comunicación e programación forman o paquete de material recibido.

Para acceder a este novo equipamento, oConcello de Valga adheriuse ao Plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT, a través do que se están a transformar e mellorar os centros para que sexan máis adaptados á nova realidade coa instalación de tecnoloxía punteira.

Deste xeito, a aula situada na planta soto do Auditorio Municipal moderniza e renova o seu equipamento, o que lle permitirá ofrecer un maior catálogo de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías e para continuar formando aos valgueses en competencias dixitais.

A Aula CeMIT forma parte da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica da Xunta, que ten como obxectivo a vertebración territorial e social de Galicia, en especial naqueles lugares nos que a fenda dixital é máis notoria, impulsando, potenciando e difundindo coñecementos sobre as novas tecnoloxías da información e a comunicación mediante actividades formativas no campo da alfabetización dixital e o emprendemento.

materialCemit2 materialCemit3

materialcemit4

Volver