- Os chefs de Indo e Vindo propuxeron receitas con sabores exóticos da India, Líbano, Perú e Hawai
- Os obradoiros culinarios clausúranse o vindeiro martes coa elaboración de sobremesas
Valga, 19 de abril de 2023.
A cociña internacional foi a protagonista da entrega de onte da Aula Gastronómica, a terceira deste mes de abril, na que os chefs de Indo e Vindo -xa con Rocío Garrido reincorporada ao equipo xunto a Coque Fariña e Fran Jamardo- fuxiron dos pratos máis coñecidos e apostaron por propostas diferentes e con sabores exóticos para sorprender aos vinte e cinco partipantes.
A primeira parada desta viaxe gastronómica tivo como destino Líbano, coa elaboración dun “Baba Ganoush”, un puré de berenxena, pasta de sésamo, limón, allo, comiño e pimentón dulce. Esta preparación serviuse acompañada de granada e pan de pita co que 'dipear'.
Continuando co percorrido polos sabores do mundo, os cociñeiros explicaron como preparar “samosas”, tradicionais empanadillas da India,feitas con masa filo e con forma de triángulo. Neste caso reenchéronas con polo ao curry, setas e mazá, aínda que admiten múltiples variantes. Antesde introducilas no forno, pinceláronas con manteiga e engadiron sementes de sésamo.
Un dos pratos fríos máis consumidos inernacionalmente é a “Causa limeña”, unha das elaboracións máis emblemáticas de Perú e equiparable á ensaladilla rusa. Poden empregarse multitude de ingredientes, cos que formar capas intercaladas con puré de patacas. Na versión da nosa Aula Gastronómica os chefs utilizaron atún con maionesa, aguacate, ovo cocido, cebola e aceitunas negras.
E continuando no continente americano, pero máis ao norte, a última receita transportou aos asistentes ao obradoiro ata Hawai. Tratouse do “Kalua Pork”, unha das comidas máis tradicionais das illas que se prepara a base de carne de porco desmigada envolta en follas de plátano e que se cociña ao forno. A carne acompañouse de arroz con coco e láminas de mango que lle deron un toque máis exótico.
A Aula Gastronómica clausúrase o vindeiro martes, día 25, cunha entrega centrada nas sobremesas e para a que o aforo xa está completo.