Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A festa en homenaxe á poboación máis veterana do concello celebrarase o domingo, día 30, no pavillón de Cordeiro

- Haberá autobuses gratuítos, concerto da Banda Municipal, xantar e moitos agasallos

Maiores22 5

Valga, 4 de abril de 2023.

O Encontro cos nosos maiores, unha das festas máis lonxevas e emblemáticas de Valga, cumpre este ano a súa edición número vinte e cinco; un cuarto de século reunindo á poboación máis veterana do concello nunha xornada de confraternidade.

Esta XXV edición terá lugar o vindeiro 30 de abril, domingo, no pavillón municipal de Cordeiro e nela poden participar os veciños que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran durante este ano 2023. Nos últimos días informóuselles por carta da celebración da xuntanza, para a que se poden inscribir presencialmente no Concello, a través dos números de teléfono 986 55 94 56 (Concello) e 986 55 67 69 (Auditorio) ou enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O prazo de inscrición remata o día 14 de abril.

O programa de actividades previsto para ese domingo dará comezo ás 13:00 horas coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga no propio pavillón, onde a continuación terá lugar o xantar de confraternidade. No transcurso da xornada haberá sorteo de agasallos doados por casas comerciais e entidades de Valga e da contorna e tamén se entregará un recoñecemento ao home e a muller de maior idade que participen no Encontro e aos asistentes que estean de aniversario.

No caso de que algunha persoa que cumpra tanto o requisito da idade coma o de estar empadroado non recibira a carta do Concello, pode igualmente inscribirse dentro dese mesmo prazo.

Bando Encontro cos Nosos Maiores pages to jpg 0001

Volver