- O Concello, o Museo, o Auditorio, a Casa da Cultura, a Escola Infantil, o CRA e os colexios foron os inmobles se sumaron a esta acción
- Esta campaña trata de arroupar ás persoas con trastorno do espectro autista
Valga, 2 de abril de 2023.
Edificios municipais e educativos de Valga ilumináronse durante as noites desta fin de semana de azul con motivo do Día Mundial de concienciación sobre o autismo, que se conmemora hoxe, 2 de abril.
A Casa do Concello, o Museo da Historia, o Edificio de usos administrativos, a Casa da Cultura, o Auditorio, o CODI, os colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, a Escola Infantil Municipal e a escolas do CRA de Valga (Vilarello, Ferreirós, O Forno, Campaña, Xanza e Chenlo) foron os inmobles nos que se colocou a iluminación, coa que arroupar ás persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e visibilizar os avances logrados por este colectivo e os pasos que aínda restan por dar para mellorar a súa vida e para acadar a súa plena inclusión social. Ademais, o IES de Valga tamén se sumou a esta iniciativa colocando a súa propia iluminación.
Foi o CEP Xesús Ferro Couselo o que propuxo ao Concello participar nesta campaña internacional, denominada “Light it up blue” (Ilumínao de azul), como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias. Persoal municipal encargouse de instalar as bombillas azuis, que luciron nas noites do venres, sábado e hoxe domingo, dende as 21:00
O ano pasado sumáronse a esta acción máis de 450 edificios e monumentos de toda España e o obxectivo era superar, este ano, os 500.