- A concelleira Carmen Gómez e os técnicos Fran Jamardo e Santiago Chenlo recolleron o distintivo
- A “Rede Ágora” promove un modelo de mobilidade amable e sostible
Valga, 28 de marzo de 2023.
O Concello de Valga recibiu onte a “Distinción Ágora” en recoñecemento ás súas boas prácticas na recuperación de espazos públicos que priorizan ás persoas, os itinerarios peonís e ciclables, favorecendo a mobilidade inclusiva, segura e sostible.
A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e os técnicos municipais Santiago Chenlo e Fran Jamardo foron os encargados de recoller o distintivo no acto organizado pola Deputación de Pontevedra.
Valga é un dos 57 concellos da provincia que está adherido á Rede Ágora, unha iniciativa xurdida en 2021 co obxectivo de promover un modelo de mobilidade amable que contribúa a mellorar a vida das persoas.