- Catro ouros, catro pratas e doce bronces foron os podios conquistados polos membros do Club Karate Valga
- En total participaron uns 170 karatekas dunha quincena de clubs de Galicia
Valga, 28 de marzo de 2023.
Os deportistas do Club Karate Valga acadaron un botín de vinte medallas no VII Campionato de Karate de Valga, celebrado o pasado sábado no pavillón municipal de Baño.
Carmen Rodríguz barcia (Kata alevín feminino), Alejandra Trenco Paz (Kata cadete feminino), Rosalía Carril Nieves (Kumite alevín feminino >32 quilos) e Ángel Rodríguez Barcia (Kumite xuvenil masculino <42 quilos) subiron ao máis alo do podio e colgaron a medalla de ouro. Outros catro membros do club local conseguiron a prata: Muriel Paleo Prieto (Kata benxamín masculino), Icía Reboiras Carbajal (Kata infantil feminino), Gael Díaz Langlaiz (Kumite alevín masculino >34 quilos) e Alejandra Trenco Paz (Kumite cadete feminino >54 quilos).
Ademais, o Club Karate Valga sumou doce bronces que recaeron en: Artai Valiña Fernández (Kata benxamín masculino), Noa Sánchez González (Kata benxamín feminino), Leo Otero Francisco (Kata alevín masculino), Ángel Rodríguez Barcia (Kata xuvenil masculino), Lucía Constenla Touceda (Kata xuvenil feminino), Lara Martínez Velay (Kata cadete feminino), Francisco Javier Rial Rodríguez (Kata veteranos masculino), Mercedes Mayo Moar (Kata veteranos feminino), Leo Otero Francisco (Kumite alevín masculino <34 quilos), Erea Rebolo Vázquez (Kumite alevín feminino >32 quilos), Marcos Álvarez Inarejo (Kumite infantil masculino >45 quilos) e Matilda Alonso Carbia (Kumite infantil feminino <42 quilos).
Con este palmarés, o Karate Valga foi o segundo club que máis medallas acadou no campionato, que contou coa participación duns 170 deportistas dunha quincena de equipos de Galicia. Na modalidade de Kata participaron rapaces dende categoría benxamín (menos de 7 anos) ata cadete (14 anos), e tamén veteranos de máis de 35 anos. Na modalidade Kumite (combate) houbo competicións dende a categoría alevín (8 anos) ata cadete (14).
O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, estiveron no pavillón de Baño vendo como se desenvolvía a xornada de competición e participaron na entrega de trofeos, que foron realizados polos usuarios do CODI no seu obradoiro de barro.