- Participaron en dúas misas, unha oficiada polo valgués Manuel López Castro, e tamén na procesión das candeas
- A viaxe contou con 80 participantes entre membros e socios da agrupación
Valga, 20 de marzo de 2023.
A Coral Polifónica Santa Comba, de Cordeiro, actuou esta fin de semana no Santuario de Fátima, a onde viaxou unha expedición de oitenta persoas, entre membros da agrupación e socios do colectivo.
Partiron dende Valga o sábado, día 18, con destino a Aveiro, onde realizaron unha parada para visitar esta cidade do litoral portugués, na que ademais xantaron antes de retomar a viaxa cara Fátima. Alí a Coral participou nun dos actos litúrxicos celebrados durante a tarde do sábado na Capela das Aparicións, cantando temas coma “Pueblo de Reyes”, “Me falta el amor”, “Ave María”, “Pan divino y gracioso”, “Laudate dominum”, “Vaso nuevo” ou “Sabat mater”, entre outros. Ademais, interpretaron varias pezas en galego, entre elas “O santo”, “Perto de ti” e “Cantiga de Santa María”.
Ao remate desta celebración, os membros da Coral tamén asistiron ao Rosario e á procesión das candeas, na que seis integrantes da agrupación Santa Comba portaron as andas da Virxe.
Xa na mañá do domingo, participaron noutra misa oficiada polo relixioso valgués Manuel López Castro, director da Coral.
Trala estadía en Fátima, o grupo puxo destino a Bombarral, para visitaron o Bacalhoa Buddha Edén, o maior xardín oriental de Europa, con 35 hectáreas de superficie, más de 1.000 palmeiras e unha 200 esculturas. Tamén visitaron Nazaret antes de emprender a viaxe de regreso a Cordeiro.