Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As inscricións poden realizarse no Auditorio Municipal ata o día 19 de abril

- A viaxe terá lugar o sábado 22 de abril pola tarde, con saída dende a praia fluvial de Vilarello

CatamaránVilarello

Valga, 20 de marzo de 2023.

O Concello, a través do proxecto turístico Mar de Santiago, organiza para o vindeiro 22 de abril unha ruta en catamarán polo río Ulla e a Ría de Arousa na que poden participar persoas maiores de idade que estean empadroadas en Valga.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 19 de abril no Auditorio Municipal, en horario de 10:00 a 14:00, presencialmente ou por teléfono (986 55 67 69). As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o aforo máximo da embarcación, que é de 150 prazas.

A ruta sairá dende a praia fluvial de Vilarello ás 15:00 horas do sábado 22 de abril, aínda que a hora de embarque límite serán as 14:45. O catamarán percorrerá o tramo valgués do río Ulla e, a continuación, a embarcación avanzará río abaixo cara a desembocadura na Ría de Arousa.

O obxectivo é promocionar entre a propia veciñanza a ruta Traslatio, a mesma que seguiron os restos do Apóstolo Santiago e que está considerada coma o primeiro Camiño de Santiago e a orixe do fenómeno das peregrinacións a Compostela. Ademais, tamén se promocionarán os produtos locais mediante a realización dun showcooking a bordo do catamarán. Realizaranse dúas tapas que terán entre os seus ingredientes a anguía e a caña do país, con degustación para todos os participantes na actividade.

Bando Ruta Catamarán

Volver