Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O horario de apertura será os luns de 8:00 a 15:00 e os xoves de 14:00 a 21:00 horas

- Mantense, igualmente, a recollida de enseres porta a porta os últimos venres de cada mes

PuntoLimpo2023

Valga, 18 de marzo de 2023.

O Concello reabrirá o vindeiro 3 de abril o Punto Limpo e a planta de residuos da construción, unha vez rematado o proceso de baleirado e limpeza levado a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta.

As instalacións serán xestionadas directamente pola administración municipal, co seguinte horario de apertura: os luns de 8:00 a 15:00 e os xoves de 14:00 a 21:00 horas, excepto días festivos.

Os veciños de Valga poderán depositar gratuitamente os seguintes residuos:

• Colchóns, mobles e outros voluminosos

• Restos metálicos

• Madeira

• Electrodomésticos e aparellos electrónicos

• Plástico agrícola

• Plástico duro (canalóns, PVC, persianas, tubaxes...)

• Poliespán

• Pintura

• Vidro de ventás, vasos, copas ou espellos.

• Entullos e escombro (pedra, formigón, ladrillo, azulexo, tella ou cerámica)

• Aerosois (baleiros)

• Envases plásticos ou metálicos (baleiros)

• Restos de poda

• Aceite de vehículos

• Aceite de cociña

• Roupa, restos téxtiles e calzado

• Pilas

• Tóner de impresoras

No referido á recollida de escombros, será tamén gratuíta para as persoas empadroadas en Valga presentando a correspondente licenza de obra e ata un máximo de 50 quilos ao día e 500 quilos ao ano.

As persoas que non estean censadas no concello só poderán depositar escombro, que se cobrará segundo a tarifa establecida na ordenanza municipal.

En canto ás empresas, o Punto Limpo non recollerá os residuos xerados pola súa actividade xa que están obrigadas a tratar, a través de xestores autorizados, os seus propios residuos, segundo a Lei 7/2022 de Residuos e Solos Contaminados para unha economía circular.

Á marxe deste servizo, manterase igualmente a recollida de voluminosos porta a porta, que se realiza tamén de balde os últimos venres de cada mes.

Volver