Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade dará comezo ás 17:30 horas, con entrada libre para todo tipo de públicos

- Falarán sobre como seguir unha dieta equilibrada e sobre o etiquetado dos alimentos

CharlaAlimentación

Valga, 16 de marzo de 2023.

O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro martes, día 21 de marzo, unha charla divulgativa sobre alimentación saudable a cargo de dous profesionais do Centro de Saúde de Valga: a nutricionista Alejandra Martínez, e o médico residente Juan Ignacio Montesinos.

A conferencia está dirixida a todo tipo de públicos e nela explicaranse conceptos de fácil comprensión. Falarase sobre como seguir unha dieta equilibrada e que as cantidades e frecuencias nas que podemos consumir determinados alimentos. “Pódese comer de todo, pero hai que saber como e cando”, indica a nutricionista do Centro Médico de Baño.

Ademais, prestarase especial atención ao etiquetado nutricional, é dicir, a información que aparece na etiqueta dos diferentes produtos e que inclúe información coma o valor enexético ou as cantidades de proteínas, hidratos e graxas. Os profesionais explicarán como interpretar toda esa información “para que, cando vaiamos ao supermercado, saibamos se un determinado alimento é ou non axeitado para seguir unha dieta equilibrada”, explica Alejandra Martínez.

A charla dará comezo ás 17:30 horas, con entrada libre e gratuíta e sen que sexa necesaria inscrición previa.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver