Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Tapas, cociña saudable, pratos internacionais e sobremesasson as temáticas de cada sesión

- As actividades, que terán lugar na Casa da Cultura, son gratuítas e contarán cun aforo máximo de 25 persoas

IndoeVindo

Valga, 14 de marzo de 2023.

Tralo éxito do pasado ano, regresa a Aula Gastronómica con catro novos obradoiros e co obxectivo de achegar a cociña aos fogares valgueses dun xeito diferente e con elaboracións máis atractivas que as que se adoitan realizar para o día a día.

Serán catro os talleres que se devolverán durante o mes de abril, dirixidos a todo tipo de público en idade adulta, e nos que se darán a coñecer receitas de sinxela realización, empregando recursos accesibles e procurando ofrecer unha nova visión da cociña que atraia incluso a persoas que non acostuman a estar ante os fogóns.

As actividades realizaranse na Casa da Cultura os martes de abril, de 18:00 a 20:00 horas e correrán a cargo dos cociñeiros Fran Jamardo, Rocío Garrido e Coque Fariña, de Indo e Vindo Gastronomía, que elaborarán e explicarán catro receitas completas en cada actividade. Os participantes poderán seguir os diferentes pasos para aprender a realizalas nas súas casas e, a continuación, terán a oportunidade de degustar os diferentes pratos.

A temática do primeiro taller, o 4 de abril, será “Tapas creativas” para aprender a realizar pratos en pequeno formato cos que sorprender e que, en determinado momento, poden solucionar un menú completo.

Na tarde o 11 de abril realizarase o obradoiro “Cociña saudable”, co obxectivo de desterrar a idea errónea de que os pratos sans son aburridos e sen sabor. Nesta actividade demostrarase que se poden facer elaboracións saudables moi atractivas e deliciosas.

A Aula Gastronómica continuará o 18 de abril con “Cociña internacional”, unha sesión na que os asistentes aprenderán a realizar catro coñecidísimos pratos de diferentes zonas do mundo pero adaptados aos produtos galegos; receitas que incluso se poderían incorporar aos menús habituais nos nosos fogares.

Para rematar, o 25 de abril dedicarase un taller ás “Sobremesas en vaso”, no que se explicará como realizar tortas e doces neste formato, que resulta atractivo, rápido e sinxelo.

Todos os talleres son gratuítos e con aforo limitado a 25 persoas. Para participar neles requírese inscrición previa nos prazos que se establecerán ao efecto. Para o primeiro obradoiro de tapas o prazo estará aberto entre os días 20 e 31 de marzo, entregando a folla de inscrición cuberta no rexistro do Concello ou enviándoa ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. 

Folla de inscrición

AulaGastronómica2023

Volver