- A cuberta metálica foi realizada pola empresa valguesa ODL
- Está pensada, fundamentalmente, para protexer aos estudantes máis pequenos de Educación Infantil
Valga, 2 de abril de 2018.
O Concello ven de instalar no recinto do CEIP Baño-Xanza unha marquesiña para que o alumnado poida resgardarse das inclemencias meteorolóxicas. A cuberta metálica foi realizada pola empresa valguesa ODL e financiada con fondos municipais.
A marquesiña está xa ao servizo de toda a comunidade educativa, se ben a instalación está pensada, fundamentalmente, para o alumnado máis pequeno, os nenos de 3 a 5 anos que cursan Educación Infantil, para que se protexan os días de chuvia ao baixar do autobús escolar e mentras os coidadores organizan a entrada ao colexio.