Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e familiares do fotógrafo inauguraron esta tarde a mostra homenaxe

- Inclúe paixases, eventos e persoeiros do municipio e pode verse durante todo o mes de marzo

 IMG 20230303 WA0040

Valga, 3 de marzo de 2023.

O Auditorio Municipal acolle durante este mes de marzo unha homenaxe, en forma de exposición, ao fotógrafo Anxo Abalo (Pontecesures, 1962 – Valga, 2018). Arredor de 200 imaxes de Valga captadas pola súa cámara forman parte desta mostra, que esta tarde foi inaugurada coa participación do alcalde, José María Bello Maneiro, e da viúva e a nai do fotógrafo, Rocío e Concha, entre outros familiares e achegados.

“El foi o fotógrafo de Valga. Viviu aquí, desenvolveu aquí o seu traballo e a xente tíñalle un cariño impresionante”, destacan. Anxo vivía da fotografía, pero tamén para a fotografía. Era a súa paixón. Unha imaxe del, unha das súas cámaras e a figura do Belén Artesanal coa que é recordado cada Nadal presiden a sala de exposicións na que poden verse paisaxes do municipio (as fervenzas ou a Mina Mercedes), eventos coma a Matanza do porco ou a Festa da Anguía e da Caña, actividades coma a sementeira do trigo, persoeiros coma o falecido cura de Campaña, Don Manuel, e outras moitas imaxes relacionadas con Valga que fixo ao longo da súa traxectoria profesional. “Hai xente que non coñece as fotografías ás que el poñía tanto cariño e profesionalidade”, e de aí que se promovese ese proxecto que “é unha selección mínima” de todo o seu traballo.

Máis de 80.000 fotografías integran o arquivo que Anxo Abalo deixou como legado, “un arquivo valiosísimo no que conta historias de lugares, de persoas e, coma neste caso, unhas pinceladas de historias do pobo que lle deu vida e o acolleu, Valga”.

ExpoAnxoA1 ExpoAnxoA2IMG 20230303 WA0028

 

IMG 20230303 WA0022

ExpoAnxoA3 ExpoAnxoA4

ExpoAnxo

 

Volver