- Inicio
- PROGRAMACIÓN CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
- Homenaxe ás mulleres valguesas profesionais do servizo de axuda no fogar, recoñecendo o seu traballo como esencial no programa de Dependencia. Actuación musical a cargo de alumnas do CSM Galicia. Domingo, 5 de marzo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.
- Homenaxe a músicas galegas no CODI a través de carteis e figuras elaboradas no obradoiro de barro.
- Mural no CODI representando as diferentes etapas do ciclo vital da muller e as características de cada etapa.
- "Camiñando xuntas". Andainas polas parroquias de Valga con saída dende o CIM. A primeira terá lugar o día 8 de marzo a partir das 16:00 horas, ata a Mina Mercedes. Espazo de conversa, lecer e encontro entre mulleres, coordinado por Belén Gavin, psicóloga do CIM.
- Contacontos "Contos en Lila" a cargo de Cris de Caldas. Venres, 10 de marzo ás 17:30 horas no Auditorio Municipal.
- "Volteando aos xogos tradicionais". Xincana de xogos tradicionais con perspectiva de xénero para rapaces a partir de 3 anos. Martes, 4 de abril, ás 10:00 horas na explanada do Auditorio. Inscricións ata o 27 de marzo no Auditorio ou no CIM.
- Música en feminino dende Radio Valga para celebrar o 8 de marzo.
Volver