Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos, cun prazo de execución de tres meses, suporán a pavimentación dun tramo de 790 metros de lonxitude

-A Consellería de Medio Rural subvenciona o proxecto cunha aportación de 41.875 euros

 

Valga, 30 de marzo de 2018.

O Concello de Valga adxudicou á empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) as obras de asfaltado dun camiño entre o lugar de Raxoi, na parroquia de San Miguel, e a pista que comunica os lugares de Martores e Parafita, un proxecto que conta cun orzamento de 52.251,43 euros, IVE incluído, e que subvenciona a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvento Rural (Agader) cunha aportación de 41.875,31 euros.

As obras suporán a mellora e pavimentado do camiño nunha lonxitu de de 790 metros. O prazo de execución é de tres meses.

Con esta actuación preténdese dotar ao vial de condicións axeitadas para a circulación e continuar achegando a rede viaria municipal aos residentes nos núcleos rurais de Valga.

Volver