Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A unidade móbil atópase en Valga durante tres xornadas consecutivas, con todas as citas xa reservadas

- As consultas diríxense a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de previr a dependencia

CoidadosPortaAPorta1

Valga, 28 de febreiro de 2023.

Os veciños de Valga reciben durante estes días servizos asistenciais gratuítos a través da unidade móbil do programa “Coidados Porta a Porta”, promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Esta iniciativa promove o envellecemento activo e trata de previr a dependencia entre as persoas maiores das zonas rurais e que estas poidan recibir coidados na súa contorna, sen necesidade de grandes desprazamentos.

Ofrécense tres servizos aos usuarios maiores de 55 anos nas áreas de podoloxía audioloxía e estimulación da memoria:

  • Podoloxía: para a prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas...).
  • Prevención da xordeira: atención básica, informativa e de prevención.
  • Prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

A unidade móbil está en Valga durante tres xornadas consecutivas, dende onte luns e ata o mércores, 1 de marzo, con todas as citas reservadas. En total recibirán o servizo 92 usuarios: 36 na especialidade de audioloxía, 32 en podoloxía e 24 para estimulación da memoria.

Na anterior visita que fixera a unidade móbil, en agosto de 2022, recibiran asistencia 103 persoas: 41 para valoración do oído, 39 en podoloxía e 23 de estimulación cognitiva.

CoidadosPortaAPorta2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver