Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Matilda Alonso e Marcos Inarejo acadaron un terceiro posto na modalidade de Kumite infantil

- Os xuvenís Nicolás Otero e Ángel Rodríguez tamén conseguiron o bronce

KarateCGI 1

Valga, 27 de febreiro 2023.

O Club Karate Valga participou a pasada fin de semana no Campionato Galego Infantil, celebrado no pavillón municipal de Santa Isabel, en Santiago, e no que competiron rapaces dende categoría benxamín ata xuvenil.

O club valgués regresou do torneo cun botín de catro medallas de bronce. Dúas delas conseguíronas Matilda Alonso e Marcos Inarejo na modalidade Kumite infantil, nos seus respectivos pesos: feminino de menos de 42 quilos e masculino de máis de 45. Tamén subiron ao terceiro caixón do podio os xuvenís Nicolás Otero (Kumite menos de 36 quilos) e Ángel Rodríguez (menos de 42 quilos).

Ademais, participaron no campionato os alevíns Carmen Rodríguez, Leo Otero, Xabier Fernández, Pablo Rosendo, Javier Rial, Mateo Vigo, Carla Gómez, María Piñeiro e Adriana Romero, que aínda que non acadaron ningunha medalla tiveron unha participación moi notable. En categoría xuvenil, ademais dos medallistas Nicolás e Ángel, tamén competiron Lucía Touceda e Aimar Salvado.

Os karatekas valgueses tiveron como coaches a Ana Otero, Andrea Gestoso, Javier Dominguez, Lara Álvarez, Laura Francisco e Lorena Álvarez.

KarateCGI 2 KarateCGI 3

KarateCGI 4

Volver