- En categoría infantil, a comparsa da ANPA do colexio Baño-Xanza acadou o primeiro posto
- A parella “Demogorgons” levou o premio ao mellor disfrace de Valga
Valga, 27 de febreiro 2023.
O Desfile de Entroido que se celebrou na tarde de onte nas inmediacións do Auditorio Municipal reuniu a unha trintena de participantes, entre disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas. Ademais das inscrición locais, destacou tamén a ampla representación de disfraces chegados doutras localidades da contorna (Catoira, Pontecesures, Padrón, Caldas, Moraña ou Vilagarcía), pero tamén doutras zonas de Galicia, coma Santiago, Oroso, Ordes, Negreira ou Redondela.
O certame, que constaba de vinte premios valorados en 2.850 euros, tivo como xurado a representantes de colectivos culturais, deportivos e educativos do municipio: Adrián Baloira, director do CRA de Valga; Eva Zumalave, directora do colexio de Baño; Javier Rodríguez e Iván Trenco, do Club Karate Valga; e Rosa María Rodríguez e Susana Castro, da asociación Musival. O concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, exerceu de presidente, con voz pero sen voto.
Os gañadores foron:
INFANTIL INDIVIDUAL:
1º premio (50 euros): Reciclando a música, de Moraña
2º premio (40 euros): Cazafantasmas, de Catoira
3º premio (30 euros): A serea Ariel, de Valga
PARELLAS INFANTÍS:
1º premio (70 euros): Hércules, de Pontecesures
2º premio (40 euros): As velliñas de Cordeiro, de Valga
GRUPOS INFANTÍS
1º premio (100 euros): Mario Bros, de Pontecesures
COMPARSAS INFANTÍS:
1º premio (200 euros): O paso do tempo, da ANPA do CEIP Baño-Xanza (Valga)
ADULTO INDIVIDUAL:
1º premio (80 euros): Arrecife, de Padrón
2º premio (40 euros): Chegou a primavera, de Valga
PARELLAS ADULTOS:
1º premio (120 euros): Dando a lata, de Chapela (Redondela)
2º premio (60 euros): Deuses do xeo, de Santiago
COMPARSAS ADULTOS:
1º premio (800 euros): Coser e cantar, todo é empezar, de Ordes
2º premio (500 euros): Grease volve por ti, de Negreira
3º premio (150 euros): Rebelión na granxa de Pepe, de Moraña
MELLOR DISFRACE DE VALGA:
Premio único (100 euros): Demogorgons, de Barro (Cordeiro)