Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Á actividade asistiron os vinte aprendices das especialidades de carpintería e forestais

- Acadar saídas laborais para os participantes é a prioridade deste proxecto, promovido polos concellos de Valga e Moraña

UUVI Empresas

Valga, 24 de febreiro de 2023.

Os alumnos de carpintería e forestais do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI recibiron nas últimas xornadas formación en creación de empresas, un módulo de vinte horas de duración que foi impartido por un técnico homologado pola Consellería de Promoción do Emprego.

Durante as sesións abordáronse cuestións coma o emprendemento, ideas e proxectos empresariais ou o autoemprego, co obxectivo de poñer a disposición dos aprendices un amplo repertorio de recursos para o emprendemento, incluíndo iniciativas e ferramentas de apoio aos novos proxectos empresariais.

Analizaron as características das persoas emprendedoras e diferentes ideas de negocio que poden ser propicias para densenvolver en Galicia,  animando ao alumnado a valorar tanto a súa capacidade e motivación para o autoemprego coma a viabilidade e o potencial da súa idea empresarial.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI é unha iniciativa orientada a mellorar a empregabilidade e a favorecer a inserción laboral de vinte persoas desempregadas dos dous concellos promotores, nas especialidades de forestais e carpintería, con sesións teóricas nas que adquiren os coñecementos necesarios sobre estas dúas profesións e, tamén, coa realización de prácticas consistentes en obras de interese público.

Volver