Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Acadou o segundo posto na clasificación absoluta, ao dar dez voltas ao circuíto en 2 horas e 52 minutos

- Forma parte do club local Fundefrenos, creado en 2020 e que conta con 16 corredores

RubénQuintáns1

Valga, 22 de febreiro de 2023.

O biker valgués Rubén Quintáns Castiñeiras proclamouse a pasada fin de semana campión galego de BTT na categoría Elite, no campionato autonómico de resistencia celebrado no municipio de Lousame. Quintáns, de 28 anos e veciño do Forno (Cordeiro), foi un dos 300 participantes inscritos na proba, na que os corredores debían dar o máximo número de voltas en tres horas ao circuíto deseñado no lugar de Berrimes. O trazado, de case seis quilómetros, constaba de tres treitos: unha subida inicial, seguida dunha baixada e, por último, un sector chairo.

Rubén Quintáns conseguiu dar dez voltas nun tempo de 2:52:15, un resultado que lle valeu, ademais, para acadar o segundo posto na clasificación absoluta.

O ciclista do Forno practica BTT dende fai uns catro anos, pero empezou a competir fai un. Forma parte do clube valgués Fundefrenos, creado a finais de 2020, e que conta con dezaseis membros, todos eles federados.

RubénQuintáns2

Volver