- O centenario, que o pasado xullo cumpriu 102 anos, era o veciño máis lonxevo do municipio
- O goberno municipal trasladou o seu pésame á familia e achegados
Valga, 14 de febreiro de 2023.
O Concello de Valga fai público o seu pesar polo falecemento de Hipólito Cerqueiras Pardal, que con 102 anos de idade era o veciño máis lonxevo de Valga. O goberno local, en representación da Corporación e de todos os valgueses, transmite a súas condolencias á familia e aos achegados do centenario.
Hipólito Cerqueiras residiu gran parte da dúa vida en Vilarello, onde casou cunha veciña da mesma aldea e se adicou á agricultura. Tivo seis fillos e suma 25 netos, 16 bisnetos e 5 tataranetos. Nos últimos anos trasladouse a Moldes cunha das súas fillas. O pasado mes de xullo cumpriu os 102 anos e recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, que acompañado por outros membros do goberno local a agasallou cun ramo de flores e uns doces.
Os actos fúnebres na súa memoria celebraranse mañá a partir das 16:30 horas na igrexa parroquial de Santa Comba de Cordeiro.