Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cambiaranse o cableado e as liñas e colocarase un novo cadro xeral, entre outras actuacións

- Os traballos son financiados pola Consellería de Educación con 23.000 euros

ferro1

Valga, 28 de marzo de 2018.

A empresa Doselco Electricidade S.L. está a acometer obras de mellora da instalación eléctrica no colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro aproveitando o parón na actividade educativa nestas vacacións de Semana Santa. Os traballos son financiados pola Consellería de Educación con 23.000 euros, logo das xestións realizadas polo goberno municipal ante a Xunta de Galicia.

As deficiencias detectadas no sistema actual quedarán solventadas coa execución deste proxecto de mellora integral do sistema eléctrico que inclúe a substitución de todo o cableado da iluminación e dos enchufes, a colocación dun novo cadro xeral e actuacións nos cadros secundarios, o cambio de liñas e mecanismos e a dotación de postos de traballo renovados (caixas con enchufes e tomas de teléfono e internet).

Tamén se procederá á colocación de lámpadas de emerxencias nas aulas, nos espazos comúns e nos corredores, substituiranse os tubos fluorescentes por outros de baixo consumo (LED) e instalaranse novos enchufes de seguridade, con base protectora para os nenos.

Os traballos céntranse nestes días na pranta baixa do edificio educativo e a vindeira semana trasladaranse ao piso superior.

ferro2 ferro3

Volver