Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os dispositivos electrónicos foron adquiridos con fondos municipais

- Con eles poderán realizar exercicios de memoria, de atención ou linguaxe cos que manter activa a capacidade cognitiva

TabletsCodi1

Valga, 9 de febreiro de 2023.

O Concello fixo entrega aos usuarios do CODI de cadansúa tableta coa que complementar a formación e actividades que realizan no centro ocupacional para persoas con discapacidade. O alcalde, José María Bello Maneiro, aproveitou a recente visita da conselleira de Política Social para realizar a entrega dos dispositivos electrónicos, que foron adquiridos con fondos da administración municipal.

As tablets son unha ferramenta idónea para acceder a unha gran cantidade de contidos de forma intuitiva, rápida e sinxela para as persoas que presentan grandes dificultades para acceder a outros equipos informáticos, polo que o traballo con este sistema informático permitiralles aos usuarios realizar un conxunto de actividades que estimulan as capacidades cognitivas fundamentalmente.

A finalidade é retrasar o deterioro cognitivo que a idade e a discapacidade provoca co paso do tempo.

A través de exercicios de memoria, de atención, de linguaxe ou de funcións executivas manterán activa a capacidade cerebral e tamén poderán adquirir certa autonomía para a recollida de información que sexa de interese, o envío de correos electrónicos e o uso doutro tipo de aplicacións que poidan servir para  mellorar a vida diaria.

No CODI realizanse actividades para o desenvolvemento das habilidades instrumentais e mellora da autonomía das persoas usuarias. Tamén se levan a cabo actividades ocupacionais coma obradoiros de reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, barro e cerámica, pintura e musicoterapia. A isto engádese un programa de ocio e tempo libre que fomenta a actividade social dos usuarios e o desenvolvemento das súas destrezas persoais para que poidan realizar unha vida o máis autónoma posible.

TabletsCodi2 TabletsCodi3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver