Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investíronse 62.138’84 euros en melloras na rede de abastecemento nos lugares de Moldes, Torre, Coto e Souto

- A antigüidade das tubaxes provocaba perdas de auga que chegaban ata o 50% do total

ObrasCoto1

Valga, 8 de febreiro de 2023.

O Concello vén de recibir da Deputación Provincial de Pontevedra unha subvención do Plan de emerxencia pola seca que ascende a 47.492 euros e coa que se financiarán parte das obras executadas o pasado verán para garantir o abastecemento da auga potable domiciliaria en varias zonas do municipio.

En concreto realizáronse melloras na rede de abastecemento nos lugares de Torre, Moldes, Coto e Souto, onde se procedeu a substituír as vellas tubaxes por unhas novas para así reducir as perdas de auga que se viñan detectando e as constantes avarías. Hai que ter en conta que nalgunha destas zonas as perdas des de auga acadaban o 50% do total. Ademais, as tubaxes eran moi antigas e estaban a sufrir constantes roturas que multiplicaban estas perdas.

Ante a preocupante situación –escaseza de precipitacións que se alongou durante meses e agravada polas elevadas temperaturas–, o Concello decidiu realizar con urxencia estas actuacións ante a posibilidade de que puideran producirse carencias na subministración de auga á poboación. O investimento total foi de 62.138’84 euros, dos que a Deputación asume agora 47.492.

 

Volver