Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As inscricións poden realizarse no Concello ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o día 24 de febreiro

- Ademais das distintas categorías infantís e de adultos, haberá un premio ao mellor disfrace do municipio

ENTROIDO2023

Valga, 31 de xaneiro de 2023.

O concurso de Entroido, que organiza a Concellería de Cultura e que terá lugar o domingo 26 de febreiro, repartirá 2.850 euros en premios entre os participantes, xa sexan infantís (ata 14 anos de idade) ou adultos (a partir de 15 anos). Serán un total de vinte os premios que se outorguen aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas.

O concurso celebrarase nas inmediacións do Auditorio Municipal a partir das 17:00 horas, se ben as inscricións deben realizarse por anticipado nas oficinas do Concello (de 8:00 a 15:00 horas) ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., cubrindo e enviando a folla de inscrición. O prazo rematará o día 24 de febreiro.

O propio día do concurso os participantes deberán recoller o número de dorsal a partir das 16:00 horas e colocalo nun lugar visible para que o xurado poida velo durante o desfile.

Os premios que se establecen para cada unha das categorías son os seguintes:

INFANTÍS (ata 14 anos de idade)

  • Individual:

               - 1º Premio: 50 euros

               - 2º Premio: 40 euros

               - 3º Premio: 30 euros

               - 4º Premio: 20 euros

  • Parellas:

               - 1º Premio: 70 euros

               - 2º Premio: 40 euros

  • Grupos (de 3 a 10 membros, sendo alo menos o 80% nenos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 100 euros

               - 2º Premio: 50 euros

  • Comparsas (máis de 10 membros, sendo alo menos o 80% nenos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 200 euros

               - 2º Premio: 100 euros

ADULTOS (a partir de 15 anos de idade):

  • Individual:

               - 1º Premio: 80 euros

               - 2º Premio: 40 euros

  • Parellas:

               - 1º Premio: 120 euros

               - 2º Premio: 60 euros

  • Grupos (de 3 a 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 200 euros

               - 2º Premio: 100 euros

  • Comparsas (a partir de 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

               - 1º Premio: 800 euros

               - 2º Premio: 500 euros

               - 3º Premio: 150 euros

MELLOR DISFRACE DO CONCELLO (só persoas empadroadas en Valga, ou grupos ou comparsas nos que, como mínimo, o 80% estean censados no concello):

               - Premio Único: 100 euros

* IMPORTANTE: Os grupos e comparsas que empreguen vehículos, remolques ou outras estruturas deberán contar con todos os permisos e seguros en vigor.

Folla de inscrición

 

CartelEntroido2023

Volver