- O concerto acústico e intimista “Utopías” tivo lugar o sábado
Valga, 27 de marzo de 2018.
O dúo integrado pola cantante Jorgelina Piana e o guitarrista Sergio Ariel actuaron o sábado no Auditoiro Municipal co seu espectáculo “Utopías”.
Os artistas arxentinos afincados en Galicia interpretaron un repertorio acústico composto por baladas, tangos e fados cun estilo moi particular marcado pola fusión cultural dunha e outra marxe do Atlántico.
Jorgelina Piana leva o apelido do seu avó político, o compositor Sebastián Piana, un referente da música arxentina con máis de 500 composicións. Establecida en Caldas de Reis dende 2002, a mediados deste ano a artista publicará “Legados”, o seu primeiro disco de milongas. Dende hai ano e medio comparte proxecto musical co guitarrista, vocalista e compositor Sergio Ariel, que forma parte ademais da Pequeña Gran Compañía e do grupo RockaRolla.
O seu proxecto musical conxunto, "Utopías", está respaldado polo Consultado arxentino de Vigo.