- Ofrece servizos de podoloxía, prevención da xordeira e estimulación cognitiva
- As consultas, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, son gratuítas
Valga, 12 de xaneiro de 2023.
O programa de Coidados Porta a Porta, da Xunta de Galicia, desprazará no mes de febreiro a Valga un dos seus autobuses asistenciais que ofrecerán atención gratuíta a persoas maiores de 55 anos nas especialidades de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
Este servizo estará no noso concello os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, nas inmediacións do Centro de Saúde. Para acudir é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As consultas son gratuítas.
Os servizos que ofrece son os seguintes:
- Podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas...).
- Prevención da xordeira: atención básica, informativa e de prevención.
- Prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.