Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Habilitouse unha saída de emerxencia e instalouse un ascensor para favorecer a accesibilidade

- Tamén se colocou novo pavimento e creouse unha zona de almacén, entre outras obras

XerenteConsorcio1

Valga, 3 de xaneiro de 2023.
O alcalde, José María Bello Maneiro, acompañou este mediodía ao xerente do Consocio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta, Perfecto Rodríguez, nunha visita ao Centro de Día, na que tamén participaron a concelleira Carmen Gómez, un técnico da administración autonómica e o contratista das últimas obras executadas no centro e que foron supervisadas polas autoridades para comprobar o resultado e abordar novas necesidades detectadas.

Nos últimos tempos desenvolvéronse proxectos para mellorar a accesibilidade do Centro de Día, dotándoo dunha saída de emerxencia e instalando un ascensor, neste caso grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta e Concello, que cofinanciaron as obras. Tamén se levaron a cabo melloras no interior das instalacións, coa colocación de pavimento anti escorregadas e o pintado con pintura hixienizante. Tamén se habilitaron zonas de almacén de víveres e de limpeza independentes e colocouse novo mobiliario e equipamento. Por último, acometéronse melloras de seguridade na saída ao balcón.

O xerente do Consorcio apuntou que é importante que os Centros de Día conten cunhas boas instalacións, “pero tamén o é que as persoas usuarias estean ben atendidas, como puidemos comprobar. O de Valga é un centro cun nivel de ocupación completo”, que ten as 30 prazas das que dispón asignadas, destacou Perfecto Rodríguez. “Isto demostra que, despois da pandemia, os maiores foron perdendo o medo e que reclaman de novo este servizo tan importante”.

O alcalde agradeceu ao Consorcio de Igualdade e Benestar que atenda as peticións que se formulan dende o Concello para manter o centro en boas condicións para os seus usuarios e felicitouse por contar en Valga con estas instalacións para beneficio da poboación máis maior e dependente.

XerenteConsorcio2 XerenteConsorcio3

XerenteConsorcio4

Volver