Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A partir das 17:00 horas haberá xogos infantís gratuítos nos exteriores do Belén Artesanal

- Todos os nenos poderán saudar ás Súas Maxestades e recibirán un agasallo

ReisMagosAuditorio

Valga, 2 de xaneiro de 2023.

Os Reis Magos de Oriente estarán en Valga o vindeiro 5 de xaneiro con motivo da tradicional Cabalgata que terá lugar nas inmediacións do Belén Artesanal en Movemento. Despois de dous anos sen poder visitar Valga, Melchor, Gaspar e Baltasar están impacientes por saudar a todos os rapaces valgueses e cumprir os seus desexos.

O Concello ten preparada unha tarde chea de actividades para recibir ás Súas Maxestades. A partir das 17:00 horas haberá inchables e obradoiros para que os nenos poidan divertirse mentres agardan a chegada dos Magos de Oriente e tamén chocolate con churros gratis para todas as persoas que se acheguen a recibilos.

A chegada da comitiva real está prevista para as 18 horas. O alcalde, José María Bello Maneiro, será o encargado de darlles a benvida e, a continuación, entregaranse os premios do XXI Concurso de Beléns.

Despois chegará o momento máis agardado por todos os nenos, que poderán subir a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, que lles entregarán un pequeno agasallo como anticipo de todos os que atoparán nos seus fogares na mañá do día 6.

CabalgataCartel

Volver