Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Formaranse nos sectores con maior demanda de traballadores na zona, entre eles fabricación mecánica, o agroforestal ou o turismo

- O alcalde e a concelleira de Emprego participaron esta mañá na presentación do proxecto

PresentaciónPIE1

Valga, 28 de decembro de 2022.

Valga participará durante os vindeiros 12 meses nun Programa Integrado de Emprego subvencionado pola Xunta de Galicia, xunto cos concellos de Dodro, Rianxo, Padrón, Rois e Pontecesures, un proxecto que beneficiará a 100 persoas desempregadas das seis localidades co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral.

O programa foi presentado esta mañá nun acto coa participación de alcaldes e representantes municipais dos seis concellos, entre eles, José María Bello Maneiro, ao que acompañou a concelleira de Emprego, Carmen Gómez. O rexedor sinalou que a importancia deste proxecto para continuar favorecendo a “ocupabilidade das persoas que se atopan sen emprego” a través da formación.

Os participantes no Programa Integrado de Emprego deben estar inscritos como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia co código 930. Percibirán unha bolsa de 7 euros ao día pola asistencia as diferentes accións que se desenvolverán no marco deste proxecto, entre elas orientación e asesoramento laboral individualizado, talleres de coaching e intelixencia emocional, obradoiros de mobilidade laboral, habilidades sociais e entrevistas, accións de intermediación con empresas, fomento do autoemprego e do emprendemento e formación para o emprego nos sectores que xeran máis traballo e que presentan maiores potencialidades de emprendemento no ámbito territorial de actuación. Estes sectores son: fabricación mecánica, agrario-forestal, loxística, hostalería e turismo, industrias alimentarias, téxtil e servizos comunitarios. O programa tamén ofrece a posibilidade de realizar prácticas profesionais non laborais en entidades e empresas da comarca.

Ofrécense, deste xeito, diferentes alternativas para a inserción laboral das persoas con maiores dificultades para incorporarse ao mercado de traballo, baixo un enfoque personalizado e adaptado ás necesidades de cada beneficiario, ao mesmo tempo que se implica ao tecido empresarial do territorio, xerando unha rede de empresas colaboradoras, e se fomenta o autoemprego e o emprendemento a través dos recursos e produtos locais.

PresentaciónPIE2

Volver