Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O acto contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade da Xunta, á que acompañou a concelleira Carmen Gómez

- A astrónoma Josefina F. Ling impartiu a charla para estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato

Iguais1

Valga, 21 de decembro de 2022.

Alumnado do IES de Valga asistiu esta mañá no Auditorio Municipal a unha charla do programa “Nin + nin -, iguais”, promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co obxectivo de favorecer o encontro da mocidade con mulleres singulares e promover a igualdade en todos os ámbitos académicos e da sociedade.

A conferenciante foi Josefina F. Ling, licenciada en Ciencias Matemáticas, na especialidade de Astronomía, Mecánica e Xeodesia, e colaboradora e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago. Poñer en contacto aos estudantes con mulleres referentes que destacan en sectores tradicionalmente masculinizados é o que persegue esta iniciativa, á que asistiron alumnos de 3º e 4º cursos da ESO e 1º de Bacharelato.

O acto contou coa presenza da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, á que acompañou a segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez.

“Nin + nin -, iguais” quere favorecer o encontro do alumnado con mulleres líderes nos seus respectivos sectores, neste caso a ciencia, coa idea de que a mocidade teña referentes femininas en áreas onde a presenza de homes resulta aínda maioritaria. Trátase así de potenciar a educación en igualdade das persoas novas e de conciencialas de que poden ser o que queiran ser, sen importar o xénero.

Iguais2 Iguais3

Iguais4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver