Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os veciños afectados pola despregadura da tecnoloxía 4G e 5G deben chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999

- Na maioría dos casos as incidencias resólvense coa colocación dun filtro na antena, unha actuación de balde para o usuario

llega700

Valga, 20 de decembro de 2022.

A despregadura da tecnoloxía 4G e 5G está a provocando que en diferentes lugares do noso concello o sinal de televisión se vexa afectado por interferencias, a perda dalgunhas canles ou incluso perda do son.

Este problema afecta, principalmente, a vivendas próximas ás estacións de telefonía móbil que vexan a TDT a través dunha antena.

En vista de que esta problemática está afectando a numerosos veciños de Valga, o Concello realizou diversas xestións ante a Xunta de Galicia para tratar de buscar solución. Dende a administración autonómica informaron que este tipo de incidencias resólvense a través da entidade “Llega 700”, xestora que se encarga de solucionar calquera afectación na recepción da TDT provocada pola despregadura do 4G e 5G.

Os veciños afectados deben chamar ao TELÉFONO GRATUÍTO 900 833 999, que funciona en horario de 9:00 a 22:00 de luns a sábado. Preguntaranlles cuestións coma dende cando sufren a incidencia, como se ve a televisión (que canles deixaron de verse ou se ven mal) ou onde teñen colocada a antena. Tamén solicitarán datos persoais para que os técnicos poidan contactar con eles para solucionar o problema.

A actuación será totalmente gratuíta para o usuario e, na maioría dos casos, consistirá na colocación dun filtro na instalación de recepción da televisión (a antena).

Máis información en: www.llega700.es

Volver