- Rapaces de ata 12 anos de idade realizaron as súas propias marionetas con cartolinas
- A actividade foi organizada polas bibliotecas municipais
Valga, 24 de marzo de 2018.
A biblioteca municipal de Cordeiro acolleu na tarde de onte un obradoiro de monicreques no que particiaron nenos de entre tres e doce anos de idade.
Empregando cartolinas, pintaron e recortaron os debuxos que máis lles gustaban para despois unir todas as pezas ata completar figuras de sereas ou piratas, entre outras. Tamén puideron realizar marionetas para os dedos que despois levaron para as súas casas para xogar con elas.
A actividade foi organizada polas bibliotecas municipais.