Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Todos os cartos recadados entregaranse á Asociación Española Contra o Cancro

- Veciños, casas comercias e outras entidades doaron case 200 regalos para esta acción solidaria

TombolaBA1

Valga, 19 de decembro de 2022.

A tómbola solidaria organizada pola asociación Amigos do Belén durante esta fin de semana logrou xuntar, polo de agora, 5.390 euros para a Asociación Española Contra o Cancro, unha cantidade que aínda medrará máis posto que a actividade benéfica continuará o vindeiro xoves, a partir das 17:30 horas para repartir os últimos agasallos.

A tómbola púxose en marcha o sábado cun total de 197 regalos doados por veciños, casas comerciais e outras entidades de Valga e outras localidades da contorna. Unha televisión, produtos gastronómicos (xamóns, lacóns, empanadas, viño, mel...), cestas de Nadal, vales de compra, décimos de lotaría, elementos decorativos... A variedade de agasallos foi inmensa e os visitantes do Belén Artesanal implicáronse de cheo na acción solidaria, como amosa a cantidade recadada.

Os regalos repartíronse por, practicamente, toda Galicia: Vedra, Cortegada de Baños, Vila de Cruces, Cangas do Morrazo, Ponteceso, Pontevedra, Lantaño (Portas), Boiro, Catoira, Outeiro de Rei, Allariz, Vigo, Ribeiro e, por suposto, Valga foron algúns dos lugares de procedencia dos afortunados, no que á nosa comunidade se refire. Pero outros agasallos marcharon incluso máis lonxe das fronteiras galegas, da man de excursionistas que se achegaron durante a fin de semana a ver o Belén, por exemplo dende Burgos.

O xoves, entre as 17:30 e as 19:30 continuará a tómbola, co obxectivo de acadar a cifra de 6.000 euros a través da venda de boletos. Esta é a segunda edición desta actividade que promove o colectivo Amigos do Belén, que o pasado Nadal lograra reunir 6.450 euros a beneficio dos afectados pola erupción do volcán Cumbre Vieja, en La Palma.

TombolaBA2 TombolaBA3

TombolaBA4 TombolaBA5 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver