Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Judith Fernández destacou as instalacións e recursos cos que contan, así como o aumento de alumnado

- Tamén asistiu en Campaña a unha xuntanza da directiva da Asociación de Mestres de CRAs

VisitaDXEducación1

Valga, 16 de decembro de 2022.

O CRA de Valga recibiu esta mañá a visita da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Educación, Judith Fernández Novoa, que visitou dúas das escolas do Centro Rural Agrupado.

Acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, e o director do CRA, Adrián Baloira, achegouse primeiro á escola de Vilarello, modelo de innovación educativa para as escolas rurais de toda Galicia. Alí, a mestra e secretaria do CRA, Antía Piñeiro, explicou o método implantado nos últimos anos, baseado en proxectos, ambientes de aprendizaxe, atención á diversidade, ensino personalizado e individualizado e a apertura á contorna e a aos espazos naturais.

Esta metodoloxía posibilitou que a escola pasase, en apenas seis anos, de estar en risco de peche por falta de alumnado a contar con 16 nenos matriculados, procedentes de dez concellos diferentes. Este modelo trasladouse tamén con éxito ao resto de escolas rurais de Valga (Ferreirós, Chenlo, Xanza, Campaña e Forno) e foi emulado, así mesmo, nos diferentes CRAs de Galicia que viron nesta metodoloxía unha porta aberta ao futuro da escola rural galega.

Trala visita a Vilarello, a directora xeral trasladouse ata Campaña, sede do CRA de Valga, onde participou nunha xuntanza da Asociación de Mestres de CRAs de Galicia (AMCRAGA), na que se trataron temas relevantes de cara ao futuro máis inmediato dos Centros Rurais Agrupados.

Judith Fernández amosouse gratamente sorprendida polas instalacións e recursos dos que dispoñen as escolas valguesas e pola metodoloxía que nelas se aplica, en permanente contacto coa contorna. Destacou, ademais, o crecente número de alumnos cos que contan. En concreto, os seis colexios rurais do noso concello suman 86 alumnos dos que 33 son novas incorporacións, destacando un ano máis coma o CRA de Galicia con maior número de matriculacións.

VisitaDXEducación2 VisitaDXEducación3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver