- Reciben clases semanais no Auditorio e no CODI, con Ángeles Garrido como mestra

- A actividade favorece a socialización e o envellecemento activo

CampusPintura1

Valga, 8 de decembro de 2022.
Máis de trinta persoas están a participar semanalmente na actividade de pintura e manualidades que se imparte dentro do programa Campus Sénior, promovido pola Concellería de Benestar Social para fomentar o envellecemento activo das persoas maiores a través de propostas lúdicas e creativas.

A artista Ángeles Garrido é a encargada de impartir as clases, que se realizan en dous grupos, un no Auditorio Municipal e outro no CODI. Os participantes elixen que tipo de traballo queren realizar, con alternativas moi diversas, dende pintura sobre lenzo ata debuxo ou traballos con vidro ou sobre tella.

Con este tipo de actividades favorécese a socialización e que a xente volva a retomar o contacto, nalgúns casos perdido ou reducido debido á pandemia. Ademais, tamén lles axuda a manterse activos e a transmitir as súas inquedanzas e expresarse a través da arte.

“Nalgúns casos, cando chegaron non tiñan ningunha noción de pintura. Viñeron por probar e viron que lles gusta, por iso seguen”, explica Ángeles Garrido.

CampusPintura2CampusPintura3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver