- A mostra inclúe algunhas obras inéditas do falecido artista valgués

- Ángeles Garrido aporta pinturas costumistas e Ana González, unha selección de cerámicas

AN1

Valga, 7 de decembro de 2022.
Como xa é tradición no mes de Nadal, Ángeles Garrido, Pepe Potel e Ana González protagonizan no Auditorio Municipal a exposición colectiva “Arte e Natureza”, que reúne distintas disciplinas artísticas.

  Unha delas é a pintura, cunha lembranza ao falecido artista valgués Pepe Potel, do que poden verse algunhas obras inéditas, nunca antes expostas, xunto a outras xa coñecidas. Á parte pictórica contribúe tamén Ángeles Garrido, con varios cadros costumistas e nos que poden recoñecerse algunhas das súas temáticas máis recurrentes, coma a muller, e tamén mensaxes relacionados coas súas vivencias persoais, por exemplo, a prol da doazón de órganos.

Ana González, restauradora de bens culturais especializada en arqueoloxía, completa a mostra cunha selección de cerámicas.

    AN2     AN3

AN4     AN5

AN6 AN7

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver