- Executáronse traballos de limpeza, mellora do pavimento e instalación dunha nova cuberta

- A actuación de posta en valor contou cunha subvención de Turismo de Galicia

MXalleiro1

Valga, 6 de decembro de 2022.
O muíño do xalleiro loce unha imaxe renovada unha vez rematadas as obras de posta en valor financiadas entre o Concello e Turismo de Galicia, que investiron un total de 19.960 euros a través dunha liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens situados no Camiño de Santiago.

A supervivencia elemento de interese patrimonial, cultural e etnográfico estaba ameazada, xa que se atopaba en estado semirruinoso e a maleza cubría por completo a edificación. A pesar de estar emprazado ao pé do Camiño Portugués, en Chenlo, o muíño pasaba totalmente inadvertido para os peregrinos que transitan por esta ruta.

Para frear a imaxe de abandono e garantir a conservación deste ben, o Concello promoveu un proxecto de restauración que incluíu a limpeza do entorno e a eliminación da maleza e hedras que cubrían o muíño, o encintado dos muros de pedra, a colocación de pavimento en lousa e pedra e unha nova cuberta de madeira de castaño e tella do país. Ademais, limpouse todo o conxunto cunha hidrolimpadora para retirar os musgos e liques acumulados co paso do tempo.

Tamén se instalou un panel explicativo sobre este muíño hidráulico, tal e como comprobaron os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo na visita que realizaron á zona.

MXalleiro2 MXalleiro3

MXalleiro4 MXalleiro5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver