Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade é gratuíta e desenvolverase a partir do día 15 de decembro, cunha duración total de 9 horas

- O emprego de caixeiros automáticos, máquinas de quendas dos hospitais ou o uso da aplicación do Sergas serán algúns dos contidos

EscudoConcelloo

Valga, 1 de decembro de 2022.

O prazo de inscrición para participar no curso de dixitalización dirixido a maiores de 65 anos amplíase ata o vindeiro 14 de decembro, polo que as persoas interesadas en asistir aínda poden anotarse no Auditorio Municipal ou no departamento de Servizos Sociais.

Esta é unha actividade gratuíta na que colaboran o Concello e a Fundación Amigos de Galicia. O obxectivo é favorecer a autonomía e independencia das persoas maiores e que cheguen a ser dixitalmente competentes. Impartirase a partir do 15 de decembro.

Con este curso búscase axudar aos maiores que non estean acostumados a operar con dispositivos electrónicos a aprender a realizar accións e comunicacións cotiá, que lles poden ser útiles en diferentes ámbitos da súa vida. Como desenvolverse nun caixeiro automático (realizar transferencias, pagar recibos, ingresar cartos nunha conta bancaria...), o emprego do teléfono móbil (engadir contactos á axenda, realizar videochamadas, empregar o GPS ou conectarse a redes WIFI), uso de máquinas de quendas de hospitais ou o uso da aplicación do Sergas serán algúns dos contidos.

Volver