Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Barállanse dúas zonas de entre 10 e 30 hectáreas de superficie nos lugares de Laceiras e Vilares

- Técnicos da Consellería reuníronse cun grupo de propietarios de terreos e realizaron unha visita de campo á zona

ReuniónViñedo1

Valga, 28 de novembro de 2022.

A Consellería do Medio Rural ten previsto crear un polígono agroforestal dedicado ao viñedo na zona de reestruturación parcelaria de San Miguel, proxecto que no mes de outubro foi declarado de utilidade pública pola Xunta de Galicia e que afecta aos lugares de Martores, Vilares, Laceiras e Raxoi.

Técnicos de Medio Rural mantiveron esta mañá unha xuntanza co alcalde, José María Bello Maneiro, e cun grupo de propietarios dos terreos co obxectivo de realizar un estudo preliminar sobre as zonas con mellores características para a implantación do polígono. Barállanse dúas alternativas, unha en Laceiras e outra en Vilares, con superficies que oscilarían entre 10 hectáreas –a mínima extensión que pode ter un polígono agroforestal– e 30 hectáreas.

O alcalde destaca a total disposición dos veciños ante a demanda recurrente de terreos nos que ampliar as plantacións de viñedo xa existentes. “Agora é tempo de que traballen os técnicos e que elaboren este estudo canto antes para que a Consellería continúe coa tramitación deste proxecto e poida facerse realidade canto antes”, sinala Bello Maneiro.

O polígono dedicaríase á plantación de albariño e outras variedades de uva.

ReuniónViñedo2 ReuniónViñedo3

 

Volver