- O prazo para inscirbirse na comida popular remata o día 12 e o prezo é de dez euros por persoa
- Dous cochos, un para poxar entre os asistentes e outro para o xantar, críanse dende outubro na Escola Taller
Valga, 23 de marzo de 2018.
A sexta edición da Festa da Matanza do Porco, que organiza a asociación Amigos do Belén coa colaboración do Concello, terá lugar o sábado 14 de abril. Os asistentes poderán presenciar a partir das 11 horas a matanza tradicional, amenizada pola agrupación de gaitas Algueirada de Pontecesures.
Son dous os cochos que dende o mes de outubro do pasado ano se crían no recinto da Escola Taller, en Campaña. A carne dun deles será poxada o día da festa e a do segundo será degustada nunha comida popular aberta á participación de todos cantos veciños queiran.
O menú estará composto por produtos típicos da mantanza como rixóns, zorza, cocido e callos. De postre serviranse morcilla cocida e filloas, ademais de sobremesa con café e caña. A continuación haberá un baile co grupo musical “Nueva Era”. O prezo para asistir é de dez euros por persoa e o pazo para anotarse rematará o 12 de abril.
A festa celebrarase no patio do colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro.