Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A obra avoga por rachar cos roles tradicionais e cambiar os estereotipos sociais

- A Banda Municipal ofrece mañá un concerto a partir das 19:30 no marco da actividade "Música contra a violencia”

Iriña1

Valga, 25 de novembro de 2022.

O alumnado de Infantil e Primaria dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, un total de 332 rapaces, asistiron esta mañá no Auditorio Municipal á representación da obra “Iriña Bailarina”, un alegato en prol da igualdade que correu a cargo da compañía Teatro dos Ghazafelhos”.

A obra, baseada no conto do mesmo título, anima a reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. “Iriña bailarina” avoga pola ruptura dos roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír para poder xogar ao futbolín ou ser pirata.

A función formou parte da programación municipal con motivo do 25-N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Mañá sábado terá lugar unha nova actividade denominada “Música contra a violencia”, un concerto da Banda de Música Municipal de Valga que dará comezo ás 19:30 horas no Auditorio, con entrada de balde.

Iriña2 Iriña3

Iriña4 Iriña5

Volver